Sen ningunha explicación vin a parar ao meu blog. A verdade e que si que hay explicación, isto foi causado pola música. É incrible os sentimentos que experimentas a hora de escoitar unha simple melodía.
Hoxe a casualidade trouxo aos meus oídos unha canción especial para min; unha desas que todos temos.
Esa mesma canción fixo que me puxera dos nervios (nada novo para min). Supoño que a moitos de lectores inexistentes deste blog lles acontece:
*Non están fartos de que os comparen cunha pantasma, cun ideal?
*Que te comparen con ela a todas horas?
*De que lle quite valor aos teus méritos?
Con esa persoa que sempre está ahí e que a sua única misión e ser mellor que ti.
Hay xente distinta eu por exemplo son : unha patosa, unha contestona, unha impulsiva... Pero considerome unha persoa que lle gusta sair polos seus propios medios sen axuda de ninguén.
Unha persoa intelixente díxome que un blog non servía de nada se non expresas nel o que pensas posto que se perdería na rede co resto de miles de blogs publicados. E aquí estou eu a altas horas da noite escribindo un artículo que non ten nada que ver co tema do blog.
Pero a conclusión que debemos extraer de todo isto é:
- Comó pode unha canción facernos sentir desa maneira cando reprimimos moitos dos nosos sentimentos día tras día?

No hay comentarios:
Publicar un comentario